Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2019/118-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS LOZ805, CS rúa Lepanto.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea (actuación 1) a 20 kV con condutor RHZ de 41 metros de lonxitude, con orixe no empalme que se vai realizar no tramo de liña subterránea de MT do tramo LOZ8050523 e final na cela da LMT do centro de seccionamento proxectado. LMT subterránea (actuación 2) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 41 metros de lonxitude, con orixe na cela da LMT do centro de seccionamento proxectado e final no empalme que se vai realizar no tramo de liña subterránea de MT do tramo LOZ8050523. Centro de seccionamento situado no edificio nº 45 da rúa Benito Corbal. As instalacións están situadas nas rúas Benito Corbal e Lepanto, no concello de Pontevedra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se xulgue pertinente en dereito.

Pontevedra, 28 de outubro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra