Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (Agatec).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 18.10.2019 os estatutos da Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (Agatec).

(https://expinterweb.empleo.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ambito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ambito funcional: poderán afiliarse á asociación os empresarios con traballadores ao seu cargo, que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial desta e que reúnan as condicións profesionais a que se refiere o artigo 2, coa única condición de observar os presentes estatutos.

Asinan a acta de constitución: Francisco Javier Viéitez Cendón, José Ángel Sacarrera, Rodolfo Porto Varela, Alberto Doce Sueira, Enrique Fernández Silva, Ricardo Sende Ramos, Daniel Aranguden, Juan Antonio Rodríguez Villamel e Alberto Comesaña Rial.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego