Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49211

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2019 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, convocadas pola Resolución do 1 de agosto de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 153, do 13 de agosto).

Por Resolución da Axencia Galega de Innovación do 1 de agosto de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 153, do 13 de agosto) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

No seu artigo 12 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 10 da Resolución do 1 de agosto de 2019.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 6 de novembro de 2019 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 9 das bases da Resolución do 1 de agosto de 2019, esta Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

Primeiro. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia que a continuación se relacionan polos importes que se indican:

Expediente administrativo

Entidade beneficiaria

Acrónimo

NIF

Importe axuda 2019

Importe
axuda 2020

Total
axuda (€)

IN845A-1

Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética

Energylab

G27719913

190.406,35

190.406,35

380.812,70

IN845A-2

Asoc. Nac. Ftes. Conservas Pescados y Mariscos - Centro Técnico Nac. Conservación Productos Pesca

Anfaco-Cecopesca

G36625309

405.595,94

405.595,94

811.191,88

IN845A-3

Clúster da Acuicultura

Cetga

G36884260

157.144,30

157.144,30

314.288,60

IN845A-4

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

Itg

G15305923

182.033,80

182.033,80

364.067,61

IN845A-5

Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste - Centro Tecnolóxico AIMEN

AIMEN

G36606291

524.640,94

524.640,94

1.049.281,88

IN845A-6

Fundación Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial

Cetim

G70302427

184.335,73

184.335,73

368.671,47

IN845A-7

Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua

Cetaqua

G70312020

119.658,56

119.658,56

239.317,12

IN845A-8

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

Gradiant

G36997229

433.397,65

433.397,65

866.795,30

IN845A-9

Fundación para la Promoción de la Inn., Inv. y Des. Tec. en la Industria de Automoción de Galicia

Ctag

G36871424

502.786,73

502.786,73

1.005.573,45

Segundo. O importe total das axudas concedidas para un marco temporal de 2 anos fináncianse con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

2019

2020

Importe total

09.A3.561A.781.0

2.700.000,00

2.700.000,00

5.400.000,00

Terceiro. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no artigo 20 da mesma.

Cuarto. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o Presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación