Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 49160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para a provisión definitiva dunha praza vacante de oficial encargado, incluída na oferta de emprego público do ano 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 205, do 24 de outubro de 2019, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión definitiva dunha praza vacante de oficial encargado de obras e servizos, que figura no cadro de persoal do Concello do Porriño, como persoal laboral fixo, coa titulación de graduado en ESO, graduado escolar, FP I ou equivalente, incluída na oferta de emprego público de 2019, por promoción interna, mediante concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 29 de outubro de 2019

Eva García de la Torre
Alcaldesa