Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 49147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 6 de novembro de 2019 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/179/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 19 de setembro de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na execución dunha edificación de planta baixa e aproveitamento baixo cuberta, paralizada e sen rematar, coa tipoloxía propia dun uso residencial, aínda que sexa ocasional ou de fin de semana e sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, situadas no lugar de Carballedo, no termo municipal de Monforte de Lemos, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo aos herdeiros de Pedro la Fuente Rodríguez, a Francisco de la Fuente Rodríguez e a Pedro de la Fuente Rodríguez, mediante o presente anuncio, e ao abeio do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística