Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 49117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Endesa Generación, S.A. para a súa central térmica de ciclo combinado no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente 2018-IPPC-M-64).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Informe xustificativo sobre a adaptación da central térmica de ciclo combinado As Pontes de García Rodríguez as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles aplicables a grandes instalacións de combustión xaneiro 2019, para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2018-IPPC-M-64.

Número da autorización ambiental integrada: 2003/0331_AIA/IPPC_006.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 1.1.a.

Titular: Endesa Generación, S.A.

CIF: A-82434697.

Enderezo da titular: avenida de la Borbolla, 5, 41004 Sevilla.

Enderezo da instalación: Vilavella, s/n, 15328 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Actividade principal: a central térmica de ciclo combinado das Pontes de García Rodríguez dedícase exclusivamente á xeración de enerxía eléctrica mediante a combustión de gas natural e utilizando a tecnoloxía de ciclo combinado, cunha potencia bruta instalada de 870,43 MWe e unha potencia térmica nominal total superior aos 50 MWt.

A tecnoloxía da central combina dous ciclos termodinámicos típicos da produción de enerxía: Rankine das turbinas de vapor e Brayton das turbinas de gas. A instalación consiste nun grupo xerador de configuración 2×1, isto é, está composto por dúas turbinas de gas, dúas caldeiras de recuperación de calor e unha turbina de vapor. Aínda que o combustible empregado é o gas natural, a instalación está tamén deseñada para consumir gasóleo como combustible líquido de emerxencia, no caso de fallo da subminsitración de gas natural.

Verteduras: as augas residuais industriais, sanitarias e de escorremento xeradas son enviadas a unha balsa de tormentas e, posteriormente, conducidas á planta de tratamento de efluentes líquidos da central térmica das Pontes de García Rodríguez para o seu tratamento.