Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 49156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 31 de outubro de 2019, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Foz, para ocupación de terreos portuarios con destino á mellora e ampliación de bar-cafetaría para servizo aos usuarios.

A persoa con DNI 33997848F solicita unha concesión administrativa para ocupación de dominio público portuario con destino á mellora e ampliación de bar-cafetaría para servizo aos usuarios no porto de Foz.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 31 de outubro de 2019

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte