Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48946

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (246/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 246/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra INSS, María Esther Dopazo Caeiro, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil dezanove.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada María Esther Dopazo Caeiro en situación de insolvencia total por importe de 446,24 euros en concepto de principal (anticipo reembolsable), máis outros 44,62 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de María Esther Dopazo Caeiro, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza