Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48788

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 2 de maio de 2019 pola que se publica o Regulamento da sede electrónica desta universidade.

Advertido erro na Resolución do 2 de maio de 2019, que se cita, publicada no DOG núm. 90, do luns 13 de maio de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 22927, onde di: «3. O portal da internet https://uvigo.es será o punto de acceso da sede electrónica, así como o seu enderezo, que será accesible directamente, configurándose como un conxunto de páxinas web que asegurará:», debe dicir: «3. O portal da internet https://uvigo.es será o punto de acceso da sede electrónica, así como o seu enderezo https://sede.uvigo.gal, que será accesible directamente, configurándose como un conxunto de páxinas web que asegurará:».

Vigo, 11 de novembro de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo