Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48801

IV. Oposicións e concursos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe/a do Servizo de Administración e Persoal desta institución.

Por Resolución da Valedora do Pobo, do 14 de decembro de 2015, aprobouse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo de secretario/a xeral, coordinador/a xeral e xefe/a do Servizo de Administración e Persoal da Institución do Valedor do Pobo. A convocatoria publicouse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 575, do 22 de decembro de 2015, e no Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 24 de decembro.

Finalizada a tramitación do procedemento correspondente á provisión do posto de xefe/a do Servizo de Administración e Persoal, en exercicio das funcións que me atribúe a Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, e o artigo 7.l) do Regulamento de organización e funcionamento da institución,

RESOLVO:

Nomear a María José Castro Carballal xefa do Servizo de Administración e Persoal do Valedor do Pobo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Valedora do Pobo, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2019

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo