Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 4 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se fai público o trámite de información pública do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Sistema xeral aeroportuario de Santiago de Compostela.

En cumprimento do artigo 13.2 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, faise público que a Dirección Xeral de Mobilidade ditou a Resolución do 4 de novembro de 2019 que, na súa parte dispositiva,

RESOLVE:

Someter ao trámite de información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Sistema xeral aeroportuario de Santiago de Compostela polo prazo dun mes, contado desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na Comunidade Autónoma de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Dirección Xeral de Mobilidade, as observacións que crean convenientes.

Así mesmo, o referido proxecto sectorial estará a disposición dos interesados na Dirección Xeral de Mobilidade (San Caetano, s/n ,15781 Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/seccion-tema/c/CIV_Mobilidade_Mobilidade_sostible?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html).

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2019

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade