Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de forestación de varias parcelas do monte veciñal en man común Comunal de Herosa, na parroquia de Pentes, no concello da Gudiña (expediente 2019/0030).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 30 de outubro de 2019 do proxecto de forestación de varias parcelas do monte veciñal en man común Comunal de Herosa, na parroquia de Pentes, no concello da Gudiña (Ourense), promovido pola CMVMC (Comunidade de Montes Veciñais en Man Común) de Herosa.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático