Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto repoboación forestal no monte veciñal en man común (MVMC) de Santa Mariña, na parroquia de Gundriz, no concello de Samos (clave do expediente 2019/0089).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto repoboación forestal no MVMC Santa Mariña, na parroquia de Gundriz, promovido por CMVMC (Comunidade de Montes Veciñais en Man Común) de Santa Mariña, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://cmatv.xunta.gal/participacion-avaliacion-proxectos

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático