Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 31 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0190/2018-PPM e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0190/2018-PPM e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 31 de outubro de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0190/2018-PPM

32678031E

Resolución

R/ Carlos III, 85, 3º, Ferrol

PSC-FE-0191/2018-PPM

32716083D

Resolución

R/ Puntal de Abaixo, 22, Neda

PSC-FE-0194/2018-PPM

32718537W

Resolución

R/ Alcalde Quintanilla, ptl. 1, Bl. B, 6º esq., Ferrol

PSC-FE-0214/2018-PPM

32644111G

Resolución

R/ Masaya, 1, 3º esq., Ferrol

PSC-FE-0215/2018-PPM

32774539E

Resolución

R/ Aciñeira, 4, 2º D, Ferrol

PSC-FE-0216/2018-PPM

32622259W

Resolución

R/ Catro Ventos, 65, Mugardos

PSC-FE-0217/2018-PPM

32719285Z

Resolución

Avda. de Galicia, 78, 2º esq., Mugardos

PSC-FE-0221/2018-PPM

32633730L

Resolución

R/ Almendra, 29-31, 5º esq., Ferrol

PSC-FE-0264/2018-PPM

32676725G

Resolución

R/ López da Fonte, cuart.. 23, Ptl. 3, 2º esq., Ferrol

PSC-FE-0027/2019-ORS

32685909B

Resolución

R/ Fonte da Greza, bl. 2, 4, 2º dta., Ferrol