En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».
Por non poderse practicar a notificación no domicilio que consta no expediente por ausente, faise público resolución de execución de orde de execución para xestion da biomasa vexetal, que esta alcaldía acordou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón dun prazo de 1 mes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE para executar a orde de xestión da biomasa vexetal. Faise advertencia de que, en caso de incumprimento da presente orden de execución, e de acordo co establecido no parágrafo 4 do artigo 136 da Lei 2/2016, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria, de acordo co establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
Nº de expte. |
Asunto |
Propietario |
Ref. catastral-localización da parcela |
907/2019 |
Xestión biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas |
NIF nº 35981560S |
36005B518020310000ZL sita en Gundiñáns-Saiar |
Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguiente á recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de octubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contado desde o día seguiente á recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interponer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se teña producido a súa desestimación por silencio.
De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establede o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal, podendo entón os interesados interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desdo o día seguinte daquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei de xurisdición contencioso-administrativa.
Caldas de Reis, 31 de outubro de 2019
Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente