Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 13 de novembro de 2019 Páx. 48700

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 443/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 443/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Perales Barbazán e outros, contra a empresa Ames Formación, S.L. e De-Zero Consultoría Integral, S.L., sobre reclamación de cantidades, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Citar as partes para que comparezan o día 4.2.2020, ás 11.15 horas, na planta baixa, sala 1 do edificio da rúa Berlín, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, ao acto de xuízo. Advírtanse as partes que en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, a demandante non comparecida será dada por desistida da súa demanda. Non impedirá a realización dos actos de conciliación e xuízo a non comparecencia das demandadas, continuando o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido de avogado/a para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta á súa señoría da sinalización efectuada.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

Para que sirva de notificación en legal forma a Ames Formación, S.L. e De-Zero Consultoría Integral, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza