Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 13 de novembro de 2019 Páx. 48694

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (304/2018).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento xuízo verbal número 304/2018, seguido por instancia de Ramón López Díaz fronte a José Manuel Domínguez García, se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Tomas Abal, en nome e representación de Ramón López Díaz, contra José Manuel Domínguez García, e condeno a José Manuel Domínguez García a pagar a Ramón López Díaz a suma 3.407,59 euros, máis os xuros do artigo 576 da LAC desde a data desta resolución.

Cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese a presente resolución ás partes, coa prevención de que contra ela se poderá interpor recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días».

E ao estar o dito demandado, José Manuel Domínguez García, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 24 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza