Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 13 de novembro de 2019 Páx. 48712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para uso de aparcadoiro en parcela para equipamento sanitario no concello de Vilanova de Arousa, promovido por Parking Salnés, S.L. (expediente 2019AAE2355; código 2221/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 29 de outubro de 2019, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para uso de aparcadoiro en parcela para equipamento sanitario no concello de Vilanova de Arousa, promovido por Parking Salnés, S.L.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático