Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2019026TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á persoa/entidade que se sinala no anexo.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderase consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, se facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non se facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2019
Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 2019026TA-PO.
Documento de identificación: B27726652.
Último enderezo coñecido: rúa Domingo Bueno, 132, local 5, 36400 O Porriño.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 2.000,00 €.