Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 13 de novembro de 2019 Páx. 48725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 25 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación á persoa interesada que se especifica no anexo, da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, a interesada poderá comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da xefatura territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015.

Ourense, 25 de outubro de 2019

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 30447.

DNI/NIE/PAS: AR328279.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa do Progreso, nº 121, 32003 Ourense.