Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2019 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento do expediente IG204.2016.1.39 e tres máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentaren alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela; Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

NIF/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG204.2016.1.39

Lago Gómez, S.L.

Apoio financeiro ás pemes-Axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016; DOG nº 154, do 17 de agosto)

2.9.2019

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG206.2015.1.35

36157836L

Microcréditos-Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € (Resolución do 5 de xuño de 2015; DOG nº 115, do 19 de xuño)

4.7.2019

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG206.2015.1.146

Wayapp Europe, S.L.

Microcréditos-Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € (Resolución do 5 de xuño de 2015; DOG nº 115, do 19 de xuño)

4.7.2019

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG206.2015.1.165

Aa 40 Estudo, S.C.