Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48621

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO relativo á ampliación dos usos permitidos na reserva de equipamento EU-9 (Casas Reais, número 8, antigo Banco Simeón).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de setembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Ao abeiro do previsto polo artigo 42.5 da Lei do solo de Galicia (LSG), ampliar os usos permitidos na reserva de equipamento EU-9 (Casas Reais, número 8, antigo Banco Simeón), co fin de autorizar os seguintes: sociocultural, institucional-administrativo, docente, investigador e asistencial, desenvolvidos pola universidade ou por calquera outra Administración ou entidade pública.

Este acordo publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para os efectos de inscribir a citada ampliación de usos no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a eficacia do acordo queda condicionada ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2019

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica