Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 21 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO209766 e tres máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse as resolucións das reclamacións previas ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderán interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días, a contar desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 21 de outubro de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

CO209766

32435828D

Resolución desestimatoria de reclamación previa

30.7.2019

CO215232

07563988R

Resolución desestimatoria de reclamación previa

18.3.2019

CO221548

34249374M

Resolución de inadmisión de reclamación previa

7.5.2019

CO219382

51230341A

Resolución estimatoria en parte de reclamación previa

19.6.2019