Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48513

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea novo membro titular do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 10 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 14, do 21 de xaneiro), procedeuse ao nomeamento do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

Na base sétima da Resolución do 1 de marzo de 2018, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituir os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novo membro titular do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 50, do 12 de marzo), nos termos que a seguir se indican:

Secretaria titular: Rodríguez Cabo, Esperanza. Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa, en substitución de Ríos Carro, Mª José. Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo de xestión da función administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos