Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48507

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

A base décima da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 12 de marzo) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria establece que, unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

De conformidade coa antedita base, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 12 de marzo).

Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria, aos/ás aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.

Terceiro. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa base décima da Resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. Non entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Quinto. En cumprimento da disposición adicional cuarta do Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, as referencias ás estruturas organizativas de xestión integrada contidas na Resolución desta dirección de data do 14 de outubro de 2019 (DOG núm. 199, do 18 de outubro) substitúense por área sanitaria.

Sexto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (DOG núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente convalidada.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Técnico/a superior en documentación sanitaria

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Localidade

***6990**

Gancedo Herreras, Trinidad

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

***6107**

Graña Liste, Raquel

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

***7649**

Moral Álvarez, Ana María

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide

Ferrol

***0593**

Piñón Gonzalez, Laura Sofía

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

***0688**

Rendo Míguez, Emilia

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

***7203**

Requeijo Maceira, Elvira

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.