Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente 1103/2019 de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcela/s de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos que non se lles puido practicar a notificación.

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse practicar a notificación ao ser descoñecido o propietario, faise pública a resolución de orde de execución para xestión da biomasa vexetal que esta Alcaldía acordou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón dun prazo de 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da da publicación do anuncio no BOE para executar a orde de xestión da biomasa vexetal. Faise advertencia de que, en caso de incumprimento desta orde de execución, e de acordo co establecido no parágrafo 4 do artigo 136 da Lei 2/2016, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria, de acordo co establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Nº expte.

Asunto

Propietario

Ref. catastral-localización da parcela

1103/2019

Xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas

Descoñecido

36005A045001350000TB sita en Aboi, Santo André

Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de octubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte á recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interponer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establede o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal, podendo entón os interesados interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei de xurisdición contencioso-administrativa.

Caldas de Reis, 28 de outubro de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente