Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente VI-64297 e un máis).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, os actos administrativos de citación ditados nos procedementos que se indican.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da dependencia de Vigo, sitas na rúa Numancia, nº 3, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non se presentar na data indicada no acto de citación que se notifica, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e se acordará o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lle será notificada.

Vigo, 7 de outubro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

PO-64297

39514893L

Citación

18.7.2019

PO-69265

35953232T

Citación

30.7.2019