Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 325/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 325/2019, seguido por instancia de María Luisa Sueiro Ramos contra El Ebanista 127, sobre reclamación de cantidades por conceptos salariais, se ditou Sentenza número 495/2019, do 14 outubro, que estima parcialmente a demanda e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a El Ebanista 127, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza