Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 109/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 109/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia do letrado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Styll Malla, S.L., sobre seguridade social, se ditaron as seguintes resolucións, que se encontran á súa disposición na sede deste xulgado:

Auto en que se despacha execución, do 16 de setembro de 2019, impugnable en reposición no prazo de tres días.

Decretos do 17 de setembro de 2019 e do 16 de outubro de 2019, ambos impugnables en revisión no prazo de tres días.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Styll Malla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza