Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48332

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de outubro de 2019 pola que se acorda a aprobación definitiva e se somete a información pública o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Monte Barbeito na parroquia de Barrañán, no concello de Arteixo, incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A.

En relación co expediente expropiatorio para a execución do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, e tendo en conta o seguinte:

Antecedentes:

I. Mediante a Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 20 de maio de 2013, publicada no DOG nº 114, do 17 de xuño, faise pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, aprobado mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2013.

De conformidade co disposto na disposición adicional primera da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e o artigo 11.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, a citada resolución do Consello da Xunta, no número 2 da parte dispositiva, declara a utilidade pública e o interese social para efectos expropiatorios do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal.

De conformidade co disposto no artigo 85.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados, para o fin da expropiación ou imposición de servidumes.

II. Actúa como Administración expropiante a Consellería de Facenda e Retegal como beneficiario da expropiación mediante a Resolución do 11 de maio de 2018, da Consellería de Facenda, coas consecuencia legais derivadas destas posicións xurídicas.

III. Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana; na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

IV. Tratándose dunha expropiación urbanística, este expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta, de acordo co disposto no artigo 118 e concordantes da Lei do solo de Galicia.

V. Mediante a Resolución do conselleiro de Facenda, do 30 de outubro de 2018, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Monte Barbeito na parroquia de Barrañán, no concello de Arteixo, incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A., polo procedemento de taxación conxunta, e sometelo a información pública polo prazo dun mes, e anunciouse no Diario Oficial de Galicia nº 226, do 27 de novembro de 2018, e no xornal La Voz de Galicia do 1 de decembro de 2018. Para os mesmos efectos, déuselles traslado ao Concello de Arteixo, así como á Subdirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda.

VI. A taxación foi notificada individualmente aos que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da resolución e da correspondente folla de valoración, así como da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de recepción da notificación referida, tal e como se sinala no artigo 118.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Igualmente, o expediente estivo exposto á disposición dos interesados no Concello de Arteixo (A Coruña) e na Subdirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda en Santiago de Compostela (sita na rúa Pastoriza, 8, 2º).

VII. Emitiuse informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados de conformidade co artigo 118.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e remítese o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro. O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Segundo. O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva exixida polo artigo 118.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:

– Delimitación do ámbito territorial cos documentos que o identifiquen en canto á situación, superficie e lindes, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.

– Fixación dos prezos coa valoración razoada do solo, segundo a cualificación urbanística.

– Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, nas cales se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

– Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións.

A relación de propietarios, predios e superficies é a que figura no anexo que se xunta.

Terceiro. Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse aos establecidos no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

Cuarto. A competencia para aprobar o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle ao conselleiro de Facenda.

Na súa virtude, vistos a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; o Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e as demais disposicións aplicables, e tras a proposta realizada,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Monte Barbeito na parroquia de Barrañán, no concello de Arteixo, incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A., para os efectos previstos polo artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, coa estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes respecto de cada unha das que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 118.10 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 118.11 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Segundo. Notificarlles o contido desta resolución de aprobación definitiva do expediente e de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran no expediente, aos cales se lles xuntará a correspondente folla de valoración e se lles conferirá un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da recepción da notificación desta resolución. Durante este prazo de vinte días poderán os interesados manifestar por escrito dirixido á Subdirección Xeral do Patrimonio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda en Santiago de Compostela e presentado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, no Edificio Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela, ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 118.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e se entenderá determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade co artigo 118.8 da referida Lei 2/2016.

Terceiro. Publicar esta resolución, así como o seu anexo coa relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia, na páxina web da Consellería de Facenda http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/expropiacions e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada esta, non se puidese efectuar. O cómputo do prazo de vinte días para estes interesados comezará desde o día seguinte ao da referida publicación no DOG. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 41.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ser impugnada directamente no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, en vez do recurso de reposición poderalle dirixir ao órgano competente, no prazo de dous meses, o requirimento previo previsto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación, para manifestala por escrito.

A relación dos propietarios, predios e superficies é a que figura no anexo que se xunta.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Nº de

predio

Nº catastro

Titular

DNI/NIF

Superficie afectada (m2)

Afección

Pol.

Parc.

1

11

18

Germán Castiñeiras Martínez e Carmen Mato Mato

***7221** e ***9176**

417.00

Expropiación

2

11

289

Antonio Pichel Lorenzo e Dolores Figueroa Cal

***0509** e ***3577**

84.00

Expropiación

3

11

289

Antonio Pichel Lorenzo e Dolores Figueroa Cal

***0509** e ***3577**

9.00

Servidume de paso

4

11

346

Manuel Suárez Rey

***3471**

32.00

Servidume de paso

5

11

347

Hros. de María Rey Requeiro

***9452**

10.00

Servidume de paso