Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 8 de novembro de 2019 Páx. 48220

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 30 de outubro de 2019, o tribunal nomeado por Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala enxeñeiros, especialidade de enxeñería agronómica, convocado por Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada por Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 30 de novembro de 2019, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón número 1 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

Laura González-Carreró Fojón
Presidenta do tribunal