Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0659/2019-PPM e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0659/2019-PPM e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 28 de outubro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0659/2019-PPM

76993845B

Inicio

Camiño da Revolta, 10, Baredo, Baiona

PSC-PO-0667/2019-COP

35565036K

Inicio

O Confurco, 18, Xinzo, Ponteareas

PSC-PO-0675/2019-PPM

76871496E

Inicio

Álvaro Cunqueiro, 5, Cambados

PSC-PO-0679/2019-TRA

36173336V

Inicio

Cruceiro, 36, Baíña, Baiona

PSC-PO-0680/2019-PPM

36144237J

Inicio

Seara, 9, interior, baixo, Vigo

PSC-PO-0720/2019-PPM

35561686Y

Inicio

A Granxa, 4, Camposancos, A Guarda

PSC-PO-0721/2019-PPM

35562390C

Inicio

3ª Transversal Netos, 9, A Guarda

PSC-PO-0751/2019-PPM

76815868P

Inicio

Coruña, 5, Portonovo, Sanxenxo

PSC-PO-0771/2019-PRE

44078126Y

Inicio

Avenida de Lugo, 84, 2º esq., Pontevedra

PSC-PO-0828/2019-PPM

78541111K

Inicio

A Cancela, 2, Salcedo, Pontevedra