Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (DSP 60/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 60/2019, seguido por instancia de María Isabel Iglesias Gontan contra Udine Servicios Integrales, S.L., Concello de Val do Dubra, Limpiezas Germania, S.L. e Pedra Salgada, S.L., con intervención do Ministerio Fiscal e do Fogasa, sobre despedimento nulo, se ditou a Sentenza número 493/2019, do 14 de outubro, que desestima a demanda e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Udine Servicios Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza