Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47942

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 266/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 266/2019, seguido por instancia de Paula Mella Moar contra Expres Mar de Xia, S.L., sobre reclamacións salariais, se ditou Sentenza número 449/2019, do 19 de setembro, en que se estima a demanda, contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Express Mar de Xia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza