Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso–administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, co procedemento abreviado 270/2019.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, tramítase o recurso 270/2019 (procedemento abreviado), interposto por Iria Ferreiro López frente á desestimación por silencio do recurso de alzada formulado fronte á Resolución da directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos do 17 de outubro de 2018 pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para cubrir postos de traballo mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 202, do 23 de outubro) (categoría: enfermeiro/a).

A recorrente pretende a anulación da resolución impugnada e que se revise a totalidade das puntuacións asignadas aos aspirantes na epígrafe de formación.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos