Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47649

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro e segundo cuadrimestre do exercicio 2019.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no primeiro e segundo cuadrimestre do exercicio 2019, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data

sinatura

Importe €

2019

2020

2021

2022

1ª Addenda ao convenio de colaboración entre Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Axencia Galega de Innovación (Gain), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia) e Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), para a posta en marcha dun foco de emprendemento no sector alimentario de Galicia (Business Factory Food-BFF)

4.2.2019

231.310,24

281.906,47

328.048,80

Acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e Caixa Emprendedor XXI (grupo CaixaBank) para a organización do Premio Emprendedor XXI

11.2.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Servizo Galego de Saúde, o Instituto Galego de Promoción Económica e o Centro Informático para Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, para a actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio da Xunta de Galicia

11.2.2019

47.116,59

47.116,59

47.116,59

Convenio de colaboración entre a Asociación para el Progreso de la Dirección, a Asociación Círculo de Empresarios de Galicia CFV e o Instituto Galego de Promoción Económica para a mellora das competencias directivas

25.3.2019

100.500,00

Convenio de colaboración entre a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal e o Instituto Galego de Promoción Económica para o desenvolvemento das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

8.4.2019

14.000,00

Convenio entre a Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa), e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o establecemento de puntos de atención ao emprendedor (PAE) integrados na rede Circe

9.4.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

9.4.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

9.4.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster del Naval Gallego (Aclunaga) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

9.4.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco-Cecopesca) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

9.4.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

9.4.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

9.4.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

9.4.2019

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre Axencia Galega de Innovación (Gain), Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), a Fundación CEL Iniciativas por Lugo, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Indra Sistemas, S.A. (Indra) e Babcock Mission Critical Services Fleet Management, S.A. para a posta en marcha da Aeronautics Business Factory-ABF.

14.5.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia

21.5.2019

500.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía no ano 2019

29.5.2019

7.500,00

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación Semana Verde de Galicia para a celebración do 23º Salón de Alimentación do Atlántico-Salimat 2019

3.6.2019

33.000,00

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Xoves Empresarios, para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (Proxecto GEM) en España a nivel rexional

19.6.2019

31.600,00

Addenda ao acordo de financiamento do instrumento financeiro de préstamos pemes Galicia Feder 2014-2020

19.6.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o desenvolvemento da estratexia Industria Conectada 4.0

24.6.2019

103.950,00

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Axencia Turismo de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Juana de Vega, para a elaboración da estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia

1.8.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a habilitación do espazo Mindtech Startup Arena

6.8.2019

80.100,00

II convenio entre Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Axencia Galega de Innovación (Gain), Xesgalicia, Socieda Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), Consorcio da Zona Franca de Vigo (Consorcio), Vigoactivo Sociedad de Capital Riesgo de Régimen Simplificado, S.A. (Vigoactivo), Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) e Peugeot Citroën Automóviles España, S.A., para a posta en marcha dun foco de emprendemento no sector da automoción en Galicia (Business Factory Auto-BFA)

8.8.2019

132.310,06

465.471,39

473.842,29

352.376,26