Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47748

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 68, do 9 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 28 de outubro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), modificada pola Orde do 23 de xullo de 2019 (DOG núm. 144, do 31 de xullo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (DOG núm. 68, do 9 de abril), acordou, de conformidade co disposto na base 2.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 1 de decembro de 2019, no Pavillón nº 1 do Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor azul ou negro.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2019

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal