Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47591

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente URB/21/2016 (412/2016).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 4 de Barcelos, Mougás, no termo municipal de Oia (Pontevedra), e resultando descoñecido o titular da parcela 769 do polígono 4 (ref. catastral 36036A004007690000QK), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte os incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese da execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/21/2016 (412/2016)

En investigación

Propietario descoñecido

36036A004007690000QK

Parcela 769, polígono 4

Barcelos (Mougás)

En todo caso, o cómputo dos prazos comenzará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 22 de outubro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa