Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dun parque de cultivos mariños situado na zona marítimo-terrestre do Carril, terno municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 7 de outubro de 2019, se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela núm. 654 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 278,16 m².

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antigos titulares: Pablo Calvo Negro e Alberto Calvo Negro.

Novo titular: Juan Manuel Suárez Deira (***6690**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: o novo titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 9 de outubro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo