Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas no procedemento BS210A (expediente LU-0000021986 e un máis).

De conformidade co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, notifícanse as resolucións ditadas nos procedementos instados polas persoas interesadas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, na rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselles que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 11 de outubro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Jefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/proc

BS210A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000021986

33994429-S

Resolución por caducidade

27.3.2019

LU-0000026483

76544321-E

Resolución por renuncia

10.7.2019