Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 23 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de varias subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

Intentadas as notificacións das resolucións ditadas polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense polas que se acorda a procedencia de reintegro da subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo dun anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, situado na avenida da Habana, nº 79, 7ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 23 de outubro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Apelidos e nome

Nº de expediente

Notificación

Data do acordo

Mª Carmen Menéndez Domínguez

TR341D 2013/100-3

Ac. procedencia

29.8.2019

Rosbel Mª González Echezuria

TR341D 2013/214-3

Ac. procedencia

29.8.2019

Nicusor Stan

TR341D 2013/215-3

Ac. procedencia

29.8.2019

María Tudorache

TR341D 2013/301-3

Ac. procedencia

29.8.2019

Corresponsal Orensana de Ttes., S.L.

TR349A 2013/34-3

Ac. procedencia

9.9.2019

Osmar Alimentación, S.L.

TR349A 2013/37-3

Ac. procedencia

29.8.2019

José Luis Domínguez Borrajo

TR349A 2013/42-3

Ac. procedencia

29.8.2019

Manuel Penela González

TR349A 2013/52-3

Ac. procedencia

29.8.2019

Mª Ángeles Iglesias Lucía

TR349A 2013/54-3

Ac. procedencia

29.8.2019

Asociación Clúster de la Carne de Galicia

TR349A 2013/71-3

Ac. procedencia

29.8.2019

Gándara Fernández, S.C.

TR349A 2013/78-3

Ac. procedencia

29.8.2019

Fernando Pardo Vázquez

TR349A 2013/88-3

Ac. procedencia

8.3.2019

Luciano Dacosta Moure

TR349A 2013/101-3

Ac. procedencia

29.8.2019

Copas y Cócteles de Ourense, S.L.

TR349A 2013/114-3

Ac. procedencia

29.8.2019

Diego Vidal Caride

TR349A 2013/127-3

Ac. procedencia

10.6.2019

Francisco López Vázquez

TR349A 2013/134-3

Ac. procedencia

12.9.2019

Silvio Antonio Pérez González

TR349C 2013/107-3

Ac. procedencia

12.9.2019

Carpintería Uceira, S.L.

TR349C 2013/109-3

Ac. procedencia

12.9.2019

Francisco López Vázquez

TR349C 2013/128-3

Ac. procedencia

12.9.2019

Destrucciones Confidenciales Generales Vidal, S.L.

TR343A 2013/9-3

Ac. procedencia

9.9.2019