Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 22 de outubro de 2019, da Zona Norte, pola que se procede á apertura de prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento de usuarios número 1, no dominio público portuario do Barqueiro.

Queda dispoñible o departamento de usuarios número 1 dentro do dominio público portuario do porto do Barqueiro, termo municipal de Mañón, polo que se abre convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes segundo establecido no prego das bases da convocatoria nas oficinas da Zona Norte da entidade pública empresarial Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pero en todo caso deberá acreditarse a data e hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

Lugo, 22 de outubro de 2019

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte