Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47352

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de dúas prazas vacantes da categoría de oficial da policía local, incluídas na oferta de emprego público (OEP) de 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 199, do 16 de outubro de 2019, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión de dúas prazas vacantes de oficial da Policía Local do Concello do Porriño, integradas na escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, grupo C, subgrupo C1, incluídas na OEP do ano 2019, por promoción interna, mediante concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 16 de outubro de 2019

Eva García de la Torre
Alcaldesa