Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47319

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2019/X999/001206).

O Arcebispado de Santiago de Compostela, representado por Jesús Bello Mato, presentou neste concello, con data do 1 de agosto de 2019, número de rexistro de entrada 201999900001362, solicitude de regularización do cemiterio parroquial de San Xurxo de Artes, sito no lugar da Igrexa na parroquia de Artes, conforme a disposición adicional primeira do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia.

Segundo a documentación achegada, o cemiterio existente no lugar da Igrexa da parroquia de Artes sitúase na parcela con referencia catastral 002401800NH28D0001LZ, a cal ten unha superficie de 2.440 m². Na memoria presentada descríbese o cemiterio cun total de 211 panteóns de 4 alturas e con cinceiro enterrado. Tamén conta con tumbas en terra arredor da igrexa. O cemiterio existente non dispón de aseos; porén, proxéctanse coa ampliación do cemiterio. Tampouco dispón de osario xeral. O proxecto de ampliación do cemiterio prevé a colocación de columbarios.

Por providencia da Alcaldía, do 18 de setembro de 2019, autorizouse iniciar a tramitación do expediente, polo que se somete a información pública polo prazo de vinte (20) días en cumprimento do artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por este poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderanse consultar na Oficina Técnica municipal, das 10.00 ás 13.00 horas.

Carballo, 19 de setembro de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde