Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47247

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 29 de outubro de 2019 polo que se fai pública a composición da Comisión de Radio e Televisión, con motivo das eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado convocadas polo Real decreto 551/2019, do 24 de setembro.

A Xunta Electoral Provincial, en sesión do 29 de outubro, acordou a publicación da composición da Comisión de Radio e Televisión a que se refire o artigo 65 da LOREG, e á que corresponde, baixo a dirección desta xunta, efectuar a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado que se celebrarán o próximo 10 de novembro.

Unha vez aceptaron os cargos dos representantes designados por cada formación política que, concorrendo ás referidas eleccións, ten representación no Congreso dos Deputados, a composición da Comisión de Radio e Televisión é a seguinte:

Presidente: Juan Ignacio Oliver Reparaz (Coalición: En Común-Unidas Podemos).

Secretario: José Araújo Fernández (Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía).

Vogais:

Juan Martínez García (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE).

Alfredo Pontes Varro (Partido Popular).

A Coruña, 29 de outubro de 2019

Lorenzo Villalpando Lucas
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña