Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de outubro de 2019, do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación da zona de concentración parcelaria do sector de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na zona de concentración parcelaria do sector de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña) que, con data do 14 de outubro de 2019, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

Á vista da disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, e en cumprimento do establecido no seu artigo 35, unha vez revisada a documentación e os planos que o compoñen, mediante o presente acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de concentración parcelaria do sector de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña).

Conforme o disposto no número 3 do artigo 16 da antedita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do departamento territorial da Consellería do Medio Rural na Coruña, disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse na Xefatura Territorial da Coruña (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2), nas oficinas centrais da consellería, en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n,) ou en calquera das dependencias a que fai referencia a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 17 de outubro de 2019

Ana Arizón Fanlo
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña