Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 17 de outubro de 2019, da Dirección de Competitividade, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución ditada no expediente sancionador AC-S-102/18, por infracción grave en materia de turismo (TUSAN1 2018/102-1).

Mediante esta cédula, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle a Emilio José Pereiro Núñez, con enderezo na rúa Progreso, nº 43, de Melide (A Coruña), a resolución da Dirección da Axencia Turismo de Galicia do recurso de reposición interposto contra a resolución do procedemento sancionador en materia de turismo pola comisión de dúas infraccións administrativas graves tipificadas na Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG nº 216, do 11 de novembro), e que intentada polos medios habituais non se puido efectuar.

O interesado poderá examinar o seu expediente e recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situada na estrada de Santiago de Compostela-Noia km 3, A Barcia, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2018/102-1.

Preceptos infrinxidos: artigos 110.1 e 110.3 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Resolución do recurso de reposición: desestimado.

Data da resolución: 9 de xullo de 2019.

Sanción de multa: 4.800 euros.

Comunícaselle que as resolucións dos recursos de reposición poñen fin á vía administrativa e son, por tanto, executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2019

José Luis Maestro Castiñeiras
Director de Competitividade