Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 21 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións ditadas no expediente PR905A 2019/281 e seis máis.

Intentada a notificación persoal das resolucións a través do servizo de Correos no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, estas non puideron efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro das resolucións nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, na praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/Nº expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2019/281

54676380K

Resolución

3.9.2019

PR905A 2019/317

32941804P

Resolución

3.9.2019

PR905A 2019/404

55345163X

Resolución

26.8.2019

PR905A 2019/444

55345679C

Resolución

26.8.2019

PR905A 2019/472

34417527M

Resolución

3.9.2019

PR905A 2019/505

XDD164874

Resolución

3.9.2019

PR905A 2019/684

32961628Y

Resolución

9.9.2019