Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47067

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 129/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 129/2019, por instancia de José Ramón Mayo Gómez contra a executada Marcelo Cachafeiro Silveiro, Turmens Logística Urgente, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 10 de outubro de 2019 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado Marcelo Cachafeiro Silveiro en situación de insolvencia total, por importe de 3.977,16 euros de principal, máis 602,57 euros en concepto de xuros de mora, máis 457,97 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza