Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Entidade adxudicadora.
Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
Tipo de contrato: servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).
2. Obxecto dos contratos.
a) Título: servizo para a realización do plan específico para a xestión do risco de inundación da ARSPI ES014 CO090101 rego de Campeda-Vimianzo. Vimianzo (A Coruña).
Clave do expediente: GA.19031.
CPV (referencia de nomenclatura): 71356300-1 (Servizos de apoio técnico).
Orzamento base: importe neto: 14.875,00 euros. Importe total: 17.998,75 euros.
Prazo de execución: 6 meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 11.400,00 euros. Importe total: 13.794,00 euros.
Empresa contratista: Consultora de Ingeniería, Medio Ambiente y Arquitectura, S.L.
b) Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada «OH.336.1047.M1. Mellora do colector xeral e nova impulsión en Marín. Marín (Pontevedra)».
Clave do expediente: GA.19065.
CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (Servizos de saúde e seguridade).
Orzamento base: importe neto: 13.536,25 euros. Importe total: 16.378,86 euros.
Prazo de execución: 6 meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 8.933,92 euros. Importe total: 10.810,04 euros.
Empresa contratista: Segurinco, S.L.
3. Cofinanciamento da Unión Europea.
As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; Prioridade de investimento 5.2 «fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes”; Obxectivo específico 5.2.1 «fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobres as poboacións, incluíndo protección civil»; Actuación 5.2.1.4 (segundo o documento criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa». Unha maneira de facer Europa.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2019
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia